Curtametraxes David Lynch
- Estrea
- +18
Curtametraxes David Lynch
- Estrea
- +18
Six Men Getting Sick (1966, 5')
Primeiro traballo de Lynch, de vocación experimental. Seis figuras vomitan en bucle.
The Alphabet (1968, 5')
Baseado nun pesadelo real, unha muller está deitada na cama mentres escoitamos unha recitación continua do alfabeto e vemos estrañas representacións de cada letra.
The Grandmother (1970, 38')
Nunha estraña familia, un neno vive atemorizado polos seus pais e evádese da realidade creando unha muller que o queira e acepte.
The Amputee (1974, 10')
Unha muller sen pernas escribe unha carta mentres un peculiar enfermeiro venda os seus tocos.
Lumière (1995, 3')
Os eventos que seguen a un asasinato. Peza realizada para a antoloxía Lumière & Company.
- Título orixinal: Short films of David Lynch
- Duración: 60 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: David Lynch
- Guión: David Lynch
- Distribuidora: Avalon