Bicos roubados
- François Truffaut: O pracer da mirada
- Patrimonio e repertorio
- +7
Bicos roubados
- François Truffaut: O pracer da mirada
- Patrimonio e repertorio
- +7
Antoine é expulsado do exército por insubordinación e visita a súa antiga moza, Christine Darbon (Claude Jade). O pai de Christine atopa un traballo temporal para Antoine. Porén, por culpa dun detective privado, perde o emprego o primeiro día. Como compensación, o detective ofrécelle un traballo na súa axencia.
Nostálxica comedia romántica coa inconfundíbel e desbordante selo do director francés. Cun ton lixeiro, desenfadado e aparentemente descoidado, Truffaut utiliza o ton lubistchiano da comedia para retratar a mocidade a través das cousas sinxelas. O paso da adolescencia á madurez de Antoine. Segunda longametraxe da saga tras a mediometraxe Antoine et Colette, nominado ao Oscar ao mellor filme de fala non inglesa.
Entrada de balde. Poden recollerse desde o venres inmediatamente anterior á proxección, presencialmente en DUPLEX Cinema, cun máximo de 2 convites por persoa.
*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: Baisers volés
- Ano: 1968
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: François Truffaut
- Guión: François Truffaut, Bernard Revon, Claude de Givray
- Elenco: Jean-Pierre Léaud, Claude Jade, Delphine Seyrig, Michael Lonsdale, Harry-Max, André Falcon, Daniel Ceccaldi, Claire Duhamel, Catherine Lutz, Marie-France Pisier, Martine Brochard
- Montaxe: Agnès Guillemot
- Dirección de arte: Claude Pignot
- Son: René Levert
- Música: Antoine Duhamel
- Fotografía: Denys Clerval
- Produtora: Les Films du Carrosse, Les Productions Artistes Associes (Francia)
- Distribuidora: Avalon