As dúas inglesas e o amor

As dúas inglesas e o amor

No París de 1900, Claude Roc, un mozo francés de clase media, comeza unha amizade con Anne Brown, unha moza inglesa. Ela convídao a ir á súa casa de Gales, onde vive coa súa irmá Muriel. Unha vez alí, aínda que Claude se sinte atraído por Anne, ela procura desviar a súa atención cara Muriel. Cando Claude e Muriel se decatan de que están namorados, entón a nai dela insiste en que, para estar seguros dos seus sentimentos, deben someterse a unha separación dun ano.

 

Entrada de balde. Poden recollerse desde o venres inmediatamente anterior á proxección, presencialmente en DUPLEX Cinema, cun máximo de 2 convites por persoa.

 

*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Les deux anglaises et le continent
  • Ano: 1971
  • Duración: 116 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: François Truffaut
  • Guión: François Truffaut, Jean Gruault (Novela: Henri Pierre Roché)
  • Elenco: Jean-Pierre Léaud, Stecey Tenderer, Kika Markham, Sylvia Marriott, Marie Mansart, Philippe Léotard
  • Montaxe: Martine Barraqué, Yann Dedet
  • Dirección de arte: Michel de Broin
  • Vestiario: Gitt Magrini
  • Son: René Levert
  • Música: Georges Delerue
  • Fotografía: Néstor Almendros
  • Produtora: Les Films du Carrosse (Francia)
  • Distribuidora: Avalon
Seminci 1972 (Espiga de Oro)