A muller do lado

A muller do lado

Nunha pequena poboación, preto de Grenoble, Mathilde Bauchard (Fanny Ardant) atopa no seu novo barrio a Bernard Coudray (Gérard Depardieu), con quen mantivo unha relación anos atrás. A sorpresa é mutua, pois ningún dos dous agardaba volverse atopar. A pesar de estar casados, non poden evitar volver vivir un romance.

 

Entrada de balde. Poden recollerse desde o venres inmediatamente anterior á proxección, presencialmente en DUPLEX Cinema, cun máximo de 2 convites por persoa.

 

*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: La femme d'à côté
  • Ano: 1981
  • Duración: 106 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: François Truffaut
  • Guión: François Truffaut, Suzanne Schiffman, Jean Aurel
  • Elenco: Gérard Depardieu, Fanny Ardant, Henri Garcin, Michèle Baumgartner, Véronique Silver, Roger Van Hool, Olivier Becquart, Muriel Combe
  • Montaxe: Martine Barraqué
  • Dirección de arte: Jean-Pierre Kohut-Svelko
  • Vestiario: Michèle Cerf
  • Son: Michel Laurent, Jacques Maumont
  • Música: Georges Delerue
  • Fotografía: William Lubtchansky
  • Produtora: Les Films du Carrosse, TF1 Films Production (Francia)
  • Distribuidora: Avalon