Van Gogh e Xapón
- Estrea
- TP
Van Gogh e Xapón
- Estrea
- TP
A través das cartas persoais de Van Gogh e relatos escritos por amigos e coetáneos esta extraordinaria e conmovedora película revela a fascinante historia da pouco coñecida pero profunda conexión entre Van Gogh e a arte xaponesa, a pesar de non viaxar nunca a ese país, e o papel que este ten na comprensión das súas obras máis emblemáticas.
Ademais de investigar a expresión o xaponismo de Van Gogh, a película explora como a sociedade xaponesa desenvolveu unha afinidade có traballo de Van Gogh como resultado do seu compromiso coa súa cultura. Con ideas de artistas contemporáneos, incluíndo á experta en caligrafía xaponesa ou Shodō, Tomoko Kawao e o artista performance Tatsumi Orimoto; Van Gogh e Xapón ofrece reveladoras e modernas perspectivas sobre a rica e simbiótica relación entre Van Gogh e Xapón.
- Título orixinal: Van Gogh & Japan
- Ano: 2019
- Duración: 91 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: David Bickerstaff
- Música: Asa Bennett
- Produtora: Seventh Art Productions
- Distribuidora: A Contracorriente