Os valores no camiño

Pase único 18 de novembro

Os valores no camiño

APACA lanza o seu primeiro proxecto documental, Os Valores do Camiño. Nesta peza audiovisual, co-financiada polo programa O Teu Xacobeo, da Axencia de Turismo de Galicia, aborda, a través da experiencia de realización do Camiño por dúas equipas de perregrinas e de entrevistas realizadas a diversos axentes sociais e institucionais do Camiño, as seguintes temáticas: o Camiño de Santiago con can; a situación dos animais nas zonas rurais que atravesa; e o coñecemento e práctica dos Valores. Conta coa colaboración especial, como unha das equipas perregrinas, de Sara Escudero e a súa cadela Zuri.

É unha viaxe que nos introduce na maxia da peregrinación a Santiago á vez que nos convida a reflexionar sobre os valores da nosa sociedade e as súas contradicións no Camiño, especialmente en canto ao trato que damos aos animais.

Pase coa presenza da directora. 

  • Título orixinal: Os valores no camiño
  • Ano: 2024
  • Duración: 88 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Raquel Freiría
  • Guión: Santi Oujo
  • Montaxe: Raquel Freiría
  • Música: Pablo Sanmamed