Un conto de tres irmás
- Estrea
- +12
Un conto de tres irmás
- Estrea
- +12
Anos 80. Reyhan, Nurhan e Havva son tres irmás que viven co seu pai nunha remota aldea de Anatolia Central. Unha tras outra, son enviadas á cidade traballar como criadas en familias adoptivas acomodadas, coa esperanza de conseguirlles unha vida mellor, mais un tempo despois as tres vense obrigadas a regresar por circunstancias imprevistas. Por primeira vez en varios anos, as tres irmás volven estar xuntas na súa aldea natal, onde se enfrontarán a novos contextos, relacións e enfrontamentos inesperados. E onde só poderán combater a falta de liberdade do seu entorno grazas a unha unión non sempre fácil mais profundamente conmovedora e humana.
Proxectado nas Seccións Oficiais da Berlinale e da Seminci, Un conto de tres irmás é a terceira longametraxe do cineasta turco Emin Alper. Gañador do Premio á Mellor Dirección no Festival de Cinema de Saraxevo, o filme móstranos unha profunda historia de sororidade que reafirma as dotes do director como narrador visual de potente e metafórico imaxinario.
- Título orixinal: Kiz Kardesler
- Ano: 2019
- Duración: 108 minutos
- Idioma orixinal: Turco
- Dirección: Emin Alper
- Guión: Emin Alper
- Elenco: Cemre Ebuzziya, Ece Yüksel, Helin Kandemir, Kayhan Açikgöz, Müfit Kayacan, Kubilay Tunçer
- Montaxe: Çiçek Kahraman
- Dirección de arte: Ismail Durmaz
- Vestiario: Alceste Tosca Wegner
- Son: Seckin Akyildiz
- Música: Giorgos Papaioannou, Nikos Papaioannou
- Fotografía: Emre Erkmen
- Produtora: Liman Film, Nulook Production, Horsefly Productions (Turquía), Komplizen Film (Alemaña), Circe Films (Holanda)
- Distribuidora: Good Films