Un branco, branco día
- Estrea
- +16
Un branco, branco día
- Estrea
- +16
Non hai nada máis branco que a perda; ou un amencer en Islandia, cando a vista non distingue entre o ceo e a terra. Alí vive Ingimundur, un xefe de policía retirado a quen encarna Ingvar Sigurðsson (premio á mellor interpretación na Semana da Crítica de Cannes) cunha humanidade tan táctil e rochosa coma un protagonista de John Ford. Mais isto non é un western, mesmo se ten no centro un cowboy solitario (non tanto: é afectuoso pai e avó), senón un thriller de suspense onde el viúvo Ingimundur comeza a sospeitar unha infidelidade por parte da súa esposa falecida e esa obsesión dé tal xiro á súa vida que faría palidecer a Walter White. A segunda longa de Hlynur Pálmason demostra con tensión e candor como o amor pode ser máis frío que a morte.
- Título orixinal: Hvítur, Hvítur Dagur
- Ano: 2019
- Duración: 109 minutos
- Idioma orixinal: Islandés
- Dirección: Hlynur Pálmason
- Guión: Hlynur Pálmason
- Elenco: Ingvar Sigurðsson, Ída Mekkín Hlynsdóttir, Hilmir Snær Guðnason, Björn Ingi Hilmarsson, Elma Stefanía Ágústsdóttir, Sara Dögg Ásgeirsdóttir
- Montaxe: Julius Krebs Damsbo
- Dirección de arte: Árni Jónsson
- Vestiario: Nina Grønlund
- Son: Lars Halvorsen, Björn Viktorsson
- Música: Edmund Finnis
- Fotografía: Maria von Hausswolff
- Produtora: Join Motion Pictures (Islandia), Snowglobe Films (Dinamarca)
- Distribuidora: La Aventura Audiovisual