Un amor
- Estrea
- +16
Un amor
- Estrea
- +16
Nat é unha muller duns trinta anos que se mudou a La Escapa, un pequeno núcleo rural. Pronto empezará a ter conflitos tanto co seu caseiro como coa vivenda alugada, unha construción en ruínas. Nesa precaria contorna esta moza tenta reconstruír a súa vida de novo. Despois de enfrontarse á hostilidade do seu caseiro e a desconfianza dos habitantes da vila, Nat descóbrese a si mesma aceptando unha inquietante proposta sexual do seu veciño Andreas.
A partir deste estraño e confuso encontro xorde unha paixón devoradora e obsesiva que consumirá a Nat completamente e faralle poñer en cuestión o tipo de muller que cre ser.
Pase domingo 12 de novembro ás 17:30 con coloquio en streaming da directora Isabel Coixet, para celebrar o Día Internacional do Cinema Europeo
- Título orixinal: Un amor
- Ano: 2023
- Duración: 129 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Isabel Coixet
- Guión: Isabel Coixet, Laura Ferrero (novela: Sara Mesa)
- Elenco: Laia Costa, Hovik Keuchkerian, Hugo Silva, Ingrid García-Jonsson, Francesco Carril, Luis Bermejo
- Fotografía: Bet Rourich
- Produtora: Buenapinta Media, Perdición Films, Monte Glauco AIE
- Distribuidora: B Team