Tres ladróns e un león

Pases 10 e 24 de marzo

Tres ladróns e un león

Ésta é a historia de tres ladróns: Casper, Jasper e Jonathan, que viven fóra da cidade de Cardamomo. Non están contentos coas súas vidas, gustaríalles cambiar algunhas cousas e sentirse parte da comunidade. Tras producir algúns roubos na cidade, son atrapados e encerrados en prisión. Alí experimentan por primeira vez os beneficios da confianza e o apoio mutuo. Cando se declara un incendio na torre de Cardamomo, os ladróns teñen a oportunidade de poñer en práctica a solidariedade e a cooperación, facendo posible o cambio que desexan nas súas vidas. Tres ladrónes e un león está baseado ​nun dos libros infantís noruegueses máis importantes de todos os tempos.

O filme, dobrado ao castelán, exhíbese con subtítulos para fomentar a lectura e facelo accesible a nenos e nenas con dificultades auditivas

  • Título orixinal: Folk og røvere i Kardemomme by
  • Ano: 2023
  • Duración: 79 minutos
  • Idioma orixinal: Noruegués
  • Dirección: Rasmus A. Sivertsen
  • Guión: Ingrid Haukelidsæter e Karsten Fullu, baseado nun libro e obra de teatro de Thorbjørn Egner
  • Montaxe: Rasmus A. Sivertsen
  • Dirección de arte: Katrine Glenhammer, Katja Moll, Erik Storstein
  • Son: Esben Mogensen, Boris Parunov
  • Música: Gaute Storaas
  • Fotografía: Niels Grønlykke, Morten Skallerud
  • Produtora: Qvisten Animation (Noruega)
  • Distribuidora: Pack Màgic
Mi Primer Festival 2023 (Premio do Público)