Tres

  • Estrea
  • +12

Tres

  • Estrea
  • +12

C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild- tracks, editando, mesturando. O estudio é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela aínda non o sabe, C. está a comezar a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes.

De súpeto está curada, pero xa non é a mesma. A súa odisea sensorial fíxoa madurar. Agora dispón dunha segunda oportunidade. Está nas súas mans non deixala escapar.

  • Título orixinal: Tres
  • Ano: 2021
  • Duración: 104 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Juanjo Giménez
  • Guión: Juanjo Giménez, Pere Altimira
  • Elenco: Marta Nieto, Miki Esparbé, Francisco Reyes, Luisa Merelas, Cristina Iglesias, Fran Lareu, Julius Cotter, Carmen Méndez
  • Montaxe: Cristóbal Fernández
  • Dirección de arte: Antonio Pereira
  • Vestiario: Aránzazu Domínguez
  • Son: Dani Fontrodona
  • Música: Domas Strupinskas
  • Fotografía: Javier Arrontes
  • Produtora: Frida Films, Manny Films, M-Films
  • Distribuidora: Filmax
Venecia 2021 (Giornate degli Autori), Sitges 2021 (Méliès de Ouro)