The Bra
- Estrea
 
The Bra
- Estrea
 
Un tren de mercadorías cruza unha paisaxe verde e vasta fronte ás montañas do Cáucaso. Nos mandos, Nurlan, o maquinista que día tras día atravesa un suburbio densamente poboado de Bakú en Azerbaiyán, onde os carrís están tan preto das casas que a súa locomotora practicamente percorre os vestíbulos e xardíns. No seu camiño diario atopa nenos correndo, homes que beben té e xogan ao xadrez e mulleres que colgan a roupa en tendais. O último día antes da súa xubilación, un agasallo especial de despedida, que colga dun tendal, enrédase na locomotora: un fermoso suxeitador de encaixe azul. A quen pertence ese pequeno anaco de tea? Impulsado pola curiosidade, Nurlan decide ir na procura da dona do suxeitador para devolverllo.
- Título orixinal: The Bra
 - Ano: 2018
 - Duración: 90 minutos
 - Idioma orixinal: Sen idioma
 - Dirección: Veit Helmer
 - Guión: Veit Helmer, Leonie Geisinger
 - Elenco: Miki Manojlovic, Paz Vega, Denis Lavant, Chulpan Khamatova, Maia Morgenstern, Irmena Chichikova, Boryana Manoilova
 - Montaxe: Vincent Assmann
 - Son: Julian Cropp
 - Música: Cyril Morin
 - Fotografía: Felix Leiberg
 - Distribuidora: Pirámide Films