Superverme

Superverme

Superverme (Superworm), Jac Hamman, Sarah Scrimgeour, Reino Unido, 2021, 26’Animais do bosque, non teñades medo, Súperverme xa está acó! Longo, forte e con habe-
lencias que vos sorprenderán, será quen de axudarlle a arañas e sapos a fuxir das peores situacións. Mais, quen o rescatará a el cando sexa capturado polo malvado lagarto? Un filme encantador dos creadores d’O Grúfalo e Zog, acompañado de catro pequenas historias sobre a amizade e o compañeirismo.

Papá batería (Battery daddy), Jeon Seung-bae, Corea del Sr, 2021, 6’15’’
Papá batería traballa todo o día dando enerxía aos xoguetes, pechaduras de portas e mandos a distancia. ¡Pero que traballo máis cansado!

Bemol (Bémol), Oana Lacroix, Suiza, 2021, 5’47’’
Un reiseñor sen plumas canta no bosque. O seu canto calma ao osiño que chora, frea as pelexas dos esquíos e entretén á parella de cisnes que nadan no lago. Un día, unha tormenta golpea o bosque.

La extraordinaria historia de Bruna, Anna Solanas, Marc Riba, España, 2021, 7’09’’
Unha noite de San Xoán, un forte vento arrastra a Bruna moi lonxe da súa casa. Será capaz de atopar a maneira de volver?

Mishou (Mishou), Milen Vitanov, Alemania–Bulgaria, 2020, 7’ 56’’
Un helicóptero cheo de turistas aterra nunha paraxe desbordante de neve. Tras unha rápida sesión de selfies, os turistas alónxanse de novo no helicóptero, deixando tralo seu paso un montón de lixo e a un pequeno can.

Filme dobrado ao español, recomendado para crianzas de 3 anos en diante.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Superworm
  • Ano: 2021
  • Duración: 55 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: VV.AA.
  • Distribuidora: Rita & Luca Films