Soy Nevenka

  • Estrea
  • +12

Soy Nevenka

  • Estrea
  • +12

No ano 2000, Nevenka Fernández, de 24 anos, concelleira de Facenda no Concello de Ponferrada, padece unha persecución implacable, tanto sentimental coma profesional, por parte do alcalde, un home acostumado a facer a súa vontade no político e no persoal. Nevenka decide denunciar, aínda que sabe que deberá pagar un prezo moi alto: o seu entorno non a apoia, a sociedade de Ponferrada dálle as costas e os medios a someten a un xuízo público. 

O seu caso inicia en España o movemento #metoo moito antes de que se invente o termo. Unha historia inspirada en feitos reais que converten a súa protagonista nunha pioneira ao levar por primeira vez a un político influínte e popular ante os tribunais por acoso sexual e laboral. 

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero. 

  • Título orixinal: Soy Nevenka
  • Ano: 2024
  • Duración: 110 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Icíar Bollaín
  • Guión: Icíar Bollaín, Isa Campo
  • Elenco: Mireia Oriol, Urko Olazabal, Ricardo Gómez, Carlos Serrano, Lucía Veiga , Luis Moreno , Javier Gállego , Mercedes del Castillo o Font García
  • Música: Xavier Font
  • Fotografía: Gris Jordana
  • Distribuidora: Disney
San Sebastián 2024 (Candidata a Mellor Filme)