Sinónimos

  • Estrea
  • +16

Sinónimos

  • Estrea
  • +16

Cunha posta en escena enérxica e corporal, e unha visión implacábel sobre a violencia estatal israelí, Lapid (A profesora de parvulario) levou sobrado o Oso de Ouro na Berlinale. E é que esta historia (autobiográfica) de morte e resurrección non dá puntada sen fío. Nada máis chegar a París, Yoav fica literalmente espido, sen posesións nin identidade. Renace así de cero, renegando de Israel e do hebreo, e establece unha intricada e sensual relación cos seus protectores Émile (Quentin Dolmaire, A Violent Desire for Joy) e a súa moza Caroline (Louise Chevillotte, Amante por un día). Premio á Mellor Dirección no Festival de Sevilla 2019 «pola súa enerxía, a súa procura de novas posibilidades na linguaxe cinematográfica e un cruzamento moi orixinal entre identidade lingüística e persoal».

  • Título orixinal: Synonymes
  • Ano: 2019
  • Duración: 123 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Nadav Lapid
  • Guión: Nadav Lapid, Haïm Lapid
  • Elenco: Tom Mercier, Quentin Dolmaire, Louise Chevillotte
  • Montaxe: Neta Braun, François Gédigier, Era Lapid
  • Vestiario: Khadija Zeggaï
  • Son: Marina Kertesz
  • Fotografía: Shai Goldman
  • Produtora: Pie Films (Israel), SBS Films, arte France Cinéma (Francia)
  • Distribuidora: Good Films
Berlinale 2019 (Oso de Ouro, premio da crítica), Sevilla 2019 (mellor dirección)