Sentimental

  • Estrea
  • +16

Sentimental

  • Estrea
  • +16

Julio (Javier Cámara) e Ana (Griselda Siciliani) hai máis de quince anos que están xuntos. Forman unha parella que xa non se mira nin se toca, e que fixo do combate diario a esencia da súa relación.
Esta noite Ana convidou á casa os seus veciños do piso de enriba, Salva (Alberto San Juan) e Laura (Belén Cuesta), unha parella máis nova cá eles, amábel e simpática, mais cuxos “ruidos” se converteron nunha molestia para Julio e Ana... Ou quizais nun estímulo?
Os veciños de enriba faranlles unha inusual e sorprendente proposta que converterá a velada nunha experiencia excesiva e catártica para os catro.

  • Título orixinal: Sentimental
  • Ano: 2020
  • Duración: 82 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Cesc Gay
  • Guión: Cesc Gay
  • Elenco: Javier Cámara, Griselda Siciliani, Belén Cuesta, Alberto San Juan
  • Montaxe: Liana Artigal
  • Dirección de arte: Anna Pujol Tauler
  • Son: Víctor Tort
  • Fotografía: Andreu Rebés
  • Produtora: Imposible Films, Movistar+, TV3, ICEC, Sentimentalfilm, Televisión Española (España)
  • Distribuidora: Filmax