Seis días correntes
- Estrea
- TP
Seis días correntes
- Estrea
- TP
SEIS DÍAS CORRENTES relata unha semana na vida de Valero, Moha e Pep, traballadores dunha pequena empresa de fontanería e electricidade das aforas de Barcelona.
O filme está formado por 6 capítulos que narran as situacións que xorden cando os protagonistas se enfrontan a unha reparación. Cada capítulo corresponde a un día da súa semana laboral e constrúese ao redor da relación que se establece entre os protagonistas e o cliente que solicitou os seus servizos. Baixo unha capa de humor, lixeireza e do cotián, as historias ofrecen elementos de reflexión de maior profundidade.
- Título orixinal: Sis dies corrents
- Ano: 2021
- Duración: 85 minutos
- Idioma orixinal: Catalán
- Dirección: Neus Ballús
- Guión: Neus Ballús, Margarita Melgar
- Elenco: Valero Escolar, Mohamed Mellali, Pep Sarrà, Pau Ferran
- Montaxe: Neus Ballús, Ariadna Ribas
- Dirección de arte: Marta Collell
- Vestiario: Alba Costa
- Son: Amanda Villavieja, Elena Corderch
- Música: René-Marc Bini
- Fotografía: Anna Molins
- Produtora: Distinto Films, El Kinògraf, Movistar+, TVE, TV3
- Distribuidora: Filmax
Locarno 2021 (mellor actor, premio Europa Cinemas), Seminci 2021 (Espiga de Plata, premio do público)