Quixera que alguén me esperara nalgures
- Estrea
- +12
Quixera que alguén me esperara nalgures
- Estrea
- +12
Na fermosa casa de verán familiar, Aurore celebre o seu 70 aniversario rodeada dos seus catro fillos. Jean-Pierre é o maior e asumiu o rol de cabeza de familia desde a morte de seu pai; Juliette, de 40 anos, está embarazada do seu primeiro fillo e desexa converterse en escritora; Margaux, a artista da familia, é unha talentosa fotógrafa que aspira a chegar ao máis alto e Mathieu, o máis novo, soña con seducir a súa compañeira de traballo Sarah. Un día, un deles tomará unha decisión que cambiará a vida dos demais para sempre.
Quixera que alguén me esperara nalgures é a adaptación libre da publicación de relatos curtos homónima da exitosa escritora francesa Anna Gavalda.
- Título orixinal: Je voudrais que quelqu'un m'attende quelque part
- Ano: 2019
- Duración: 89 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Arnaud Viard
- Guión: Emmanuel Courcol, Vincent Dietschy, Thomas Lilti, Arnaud Viard (Novela: Anna Gavalda)
- Elenco: Jean-Paul Rouve, Alice Taglioni, Aurore Clément, Benjamin Lavernhe, Camille Rowe, Elsa Zylberstein, Sarah Adler, Christophe Paou, Elsa Damour Cazebonne, Flore Bonaventura, Yannick Choirat, Eriq Ebouaney, Gregoire Oestermann, Pierre Guénard, Manu Ralambo, Colin Russeil, Nicolas Vaude, Véronique Frumy
- Montaxe: Véronique Bruque
- Dirección de arte: Marie Breger
- Vestiario: Caroline Spieth
- Son: Mathieu Villien
- Música: Clément Ducol
- Fotografía: Emmanuel Soyer
- Produtora: Easy Tiger, France 2 Cinema, UGC Images, Les 1001 Marches (Francia)
- Distribuidora: Karma Films