Quién lo impide

  • Estrea

Quién lo impide

  • Estrea

Quién lo impide é unha chamada a transformar a percepción que temos sobre a adolescencia e a mocidade; a de aqueles que naceron a principios do século XXI e se fixeron maiores de idade en 2020; os que agora semellan culpables de todo á vez que ven diminuídas as súas esperanzas. Entre o documental, a ficción e o puro rexistro testemuñal, os mozos adolescentes móstranse tal e como son mais como poucas veces os vemos ou nos deixan velos: aproveitando a cámara de cinema para mostrar o mellor de si propios e devolvernos a confianza no futuro; dende a fraxilidade e a emoción, con humor, intelixencia, conviccións e ideas. Porque a mocidade que nos fala de amor, amizade, política ou educación non está a falar só do seu, senón do que nos importa sempre, a calquera idade. Quién lo impide é un filme sobre nós: sobre o que fomos, o que somos e o que seguiremos a ser.

  • Título orixinal: Quién lo impide
  • Ano: 2021
  • Duración: 220 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Jonás Trueba
  • Guión: Jonás Trueba
  • Elenco: Candela Recio, Pablo Hoyos, Silvio Aguilar, Pablo Gavira, Claudia Navarro, Marta Casado, Rony-Michelle Pinzaru, Javier Sánchez
  • Montaxe: Marta Velasco
  • Son: Eduardo Castro, Alex Marais, Pablo Rivas Leyva, Álvaro Tortajada
  • Música: Rafael Berrio, Alberto González, Andrei Mazga, Pablo Gavira
  • Fotografía: Jonás Trueba
  • Produtora: Los Ilusos Films (España)
  • Distribuidora: Atalante
Donostia 2021 (sección oficial)