¿Qué te dice esa naturaleza?

Pas único 2 de xuño

¿Qué te dice esa naturaleza?

Donghwa, un novo poeta de Seúl de trinta e tantos, acompaña á súa namorada Junhee a casa dos seus pais no seu coche noventeiro, coa intención de marchar pronto. Fascinado pola beleza da casa, situada nun outeiro, é invitado polo seu sogro a quedar. É a primeira vez que coñece aos pais da súa noiva, tras tres anos de relación.

Durante un día e unha noite, comparte a vida da familia: paseos, unha visita a un templo xunto ao río e longas conversas. Entre risos, viño, licor forte e unha cea caseira, as miserias familiares e persoais saen á luz, revelando a natureza de cada un.

  • Título orixinal: Geu jayeoni nege mworago hani
  • Ano: 2025
  • Duración: 108 minutos
  • Idioma orixinal: Coreano
  • Dirección: Hong Sangsoo
  • Guión: Hong Sangsoo
  • Elenco: Ha Seongguk, Kwon Haehyo, Cho Yunhee, Kang Soyi, Park Miso
  • Montaxe: Hong Sangsoo
  • Música: Hong Sangsoo
  • Fotografía: Hong Sangsoo
  • Produtora: Jeonwonsa Film Co. (Corea do Sur)
  • Distribuidora: Atalante Cinema