Prefiro condenarme

  • Estrea
Estrea 22 de novembro

Prefiro condenarme

  • Estrea

A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, atravesada pola ditadura e a transición, enfróntanos a unha nai díscola, unha esfera familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adultera aos 33 anos, en 1972, por mor da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a lei aínda non escrita á vez que o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.

Pase venres 22 ás 19:30 con presentación de Margarita Ledo, directora do filme.

  • Título orixinal: Prefiro condenarme
  • Ano: 2024
  • Duración: 88 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Margarita Ledo Andión
  • Elenco: Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro, Antón Lopo