Parásitos

  • Estrea
  • +7
  • VOSE

Parásitos

  • Estrea
  • +7
  • VOSE

Toda a familia de Ki-taek está no paro e interésase moito polo tren de vida da riquísima familia Park. Un día, o seu fillo logra que o recomenden para dar clases particulares de inglés na casa dos Park. É o comezo dunha engrenaxe incontrolábel, da que ninguén sairá realmente indemne.

Palma de Ouro do festival de Cannes 2019 por unanimidade do xurado, a nova película do director coreano Bong Joon ho (Memories of MurderMotherSnowpiercer) converteuse nun fenómeno de crítica e público alí onde estreou. Arrasando no box office de Francia con máis de 1.000.000 de entradas vendidas, favorita da crítica internacional nos festivais onde ten participado, PARÁSITOS é, sen ningunha dúbida, unha das películas máis importantes do ano e posiblemente da década.

  • Título orixinal: 기생충 - Gisaengchung
  • Ano: 2019
  • Duración: 132 minutos
  • Idioma orixinal: Coreano
  • Dirección: Bong Joon Ho
  • Guión: Bong Joon Ho, Han Jin Won
  • Elenco: Song Kang Ho, Lee Sun Kyun, Cho Yeo Jeong, Choi Woo Shik, Park So Dam, Lee Jung Eun, Chang Hyae Jin
  • Montaxe: Kyung-pyo Hong
  • Dirección de arte: Lee Ha Jun
  • Vestiario: Choi Se Yeon
  • Son: Eun Hee Soo, Young Kang Hye
  • Música: Jung Jae Il
  • Fotografía: Hong Kyung Pyo
  • Produtora: Barunson E&A (Corea do Sur) , CJ E&M Film Financing & Investment Entertainment & Comics (Corea do Sur), CJ Entertainment (Corea do Sur), TMS Comics (Xapón), TMS Entertainment (Xapón)
  • Distribuidora: La Aventura Audiovisual
Cannes (Palma de Ouro - Sección oficial), Donostia 2019 (Perlas)