Os espigadores e a espigadora

Os espigadores e a espigadora

Percorrendo Francia, Agnès Varda atopouse con espigadores, recolectores, xente que busca entre o lixo. Por necesidade, ou por puro azar, estas xentes recollen os obxectos refugados por outros. O seu mundo é sorprendente. E a directora, á súa maneira, é tamén unha especie de espigadora que selecciona e recolle imaxes aquí e alá.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes a partir do venres anterior á proxección. Máximo dúas entradas por persoa.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Les glaneurs et la glaneuse
  • Ano: 2000
  • Duración: 82 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Agnès Varda
  • Guión: Agnès Varda
  • Distribuidora: A Contracorriente
Premios do Cinema Europeo 2000 (Mellor documental), Cannes 2000 (Sección oficial fora de competición)