A pintura filmada: Os amantes de Montparnasse
- Tren de sombras 2023
- Patrimonio e repertorio
- +7
A pintura filmada: Os amantes de Montparnasse
- Tren de sombras 2023
- Patrimonio e repertorio
- +7
1919, no bohemio barrio parisiense de Montparnasse o novo pintor italiano Amedeo Modigliani afoga a súa amargura no alcol e as mulleres. Namórase de Jeanne e, a pesar da oposición da súa familia burguesa, a moza decide compartir a vida do artista. A parella enfróntase ás dificultades da vida cotiá, pero Modigliani só atopa consolo ao seu fracaso artístico saboteando a súa propia existencia.
Jacques Becker (París, baixos fondos) retomou o proxecto que preparaba as dúas veces nomeado ao Óscar Max Ophüls (Madame de…) no momento da súa morte. Unha película marabillosa que supuxo un dos últimos papeis de Gérard Philipe (A rolda), acompañado por tres actrices emblemáticas: Lilli Palmer , Anouk Aimée e Lea Padovani.
- Título orixinal: Montparnasse, 19
- Ano: 1958
- Duración: 120 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jacques Becker
- Guión: Michel-Georges Michel, Jacques Becker
- Elenco: Lea Padovani, Gérard Philipe, Lino Ventura, Gérard Séty, Lilli Palmer
- Música: Paul Misraki
- Fotografía: Christian Matras
- Produtora: Franco London Films, Astra Cinematografica, Pallavicini
- Distribuidora: A Contracorriente