One Hand Don’t Clap (Una Mano Sola No Aplaude)

  • Estrea
Estrea 19 de setembro

One Hand Don’t Clap (Una Mano Sola No Aplaude)

  • Estrea

Rodada en 1986, durante o Carnaval de Trinidad y Tobago, o documental acompaña a Lord Kitchener, gran mestre do calipso, e á irreverente Calypso Rose, pioneira do xénero nun ámbito dominado por homes, na súa viaxe desde os estudos de gravación de Nova York ata as vibrantes rúas de Puerto España, rumbo ao concurso do Monarca Calipso do Ano.

A través dos seus protagonistas, reconstrúese a historia oral do calipso como música de resistencia, sátira e celebración: desde as súas raíces africanas e o seu papel na loita anticolonial, até a súa expansión global e a aparición do soca. Unha inmersión musical e festiva, restaurada en todo o seu esplendor, que convida a deixarse levar pola súa enerxía contaxiosa.

  • Título orixinal: One Hand Don’t Clap
  • Ano: 1988
  • Duración: 92 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Kavery Dutta Kaul
  • Participación: Lord Kitchener, Calypso Rose, Black Stalin, David Rudder, Mighty Duke, Natasha Wilson, Lord Pretender, Growling Tiger
  • Produtora: Riverfilms
  • Distribuidora: Atalante
Telluride Film Festival, BFI (Sección Oficial)