O último filme

  • Estrea
  • +7

O último filme

  • Estrea
  • +7

Samay, un neno de 9 anos que vive coa súa familia nunha vila remota da India, descobre o cinema por primeira vez e queda absolutamente  hipnotizado. Contra os desexos do seu pai, volve ao cinema día tras día e faise amigo do proxectista que, a cambio da súa comida, déixalle ver filmes gratis.

Rapidamente decátase de que as historias se converten en luz, a luz en filmes e os filmes en soños.

Contaxiados pola emoción, Samay e a súa inqueda cuadrilla, investigan sen descanso para tentar captar a luz e proxectala para lograr ver películas de 35 mm. Xuntos, utilizan un truco innovador e logran con éxito fabricar un aparello de proxección. Porén, perseguir os teus soños a miúdo significa deixar atrás as cousas que amas.

  • Título orixinal: છેલ્લો શો (Chhello Show)
  • Ano: 2021
  • Duración: 102 minutos
  • Idioma orixinal: Guxarati
  • Dirección: Pan Nalin
  • Guión: Pan Nalin
  • Elenco: Richa Meena, Dipen Raval, Rahul Koli
  • Música: Cyril Morin
  • Fotografía: Swapnil S. Sonawane
  • Produtora: Monsoon Films Private Limited, Jugaad Motion Pictures, Incognito Films, Virginie Films
  • Distribuidora: Karma Films
SEMINCI 2021 (Espiga de Ouro ao mellor filme)