O teléfono do vento
- Estrea
O teléfono do vento
- Estrea
Haru, de 17 anos, emprende unha longa viaxe a través de Xapón na procura de respostas nunha cidade onde, en 2011, o devastador tsunami levou ao seu irmán e pais. Esta viaxe leva á rapaza, aínda atormentada pola perda, desde Hiroshima a Tokio, Fukushima e Ōtsuchi, onde unha vez estivo o seu fogar. No camiño atópase con outras persoas e as historias das súas perdas.
Nobuhiro Suwa, autor de obras tan sensibles como Yuki & Nina ou 'O león durme esta noite', volve a Xapón con esta road movie que reflexiona sobre as secuelas da traxedia de Fukushima. Cunha emotividade contida, Suwa centra o relato no periplo dunha moza que perdeu todo e que agora procura respostas. Un filme catártico sobre o loito colectivo.
- Título orixinal: Kaze no denwa
- Ano: 2020
- Duración: 139 minutos
- Idioma orixinal: Xaponés
- Dirección: Nobuhiro Suwa
- Guión: Kyôko Inukai, Nobuhiro Suwa
- Elenco: Shoko Ikezu, Serena Motola, Toshiyuki Nishida, Hidetoshi Nishijima, Tomokazu Miura
- Montaxe: Takashi Sato
- Dirección de arte: China Hayashi
- Música: Hiroko Sebu
- Fotografía: Takahiro Haibara
- Produtora: Jungledrum Production
- Distribuidora: Noucinemart