O segredo do libro de Kells

O segredo do libro de Kells

Brendan, un monxe novo de 12 anos, vive nunha remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século IX. Cos outros irmáns axuda a construír unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos viquingos. Pero unha nova vida de aventuras preséntase ante el cando coñece a un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, coidando dun antigo libro máxico que está inacabado. Coa esperanza de terminalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no perigoso bosque, habitado por todo tipo de criaturas…

A partir de 3 anos

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: The Secret of Kells
  • Ano: 2010
  • Duración: 75 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Tomm Moore, Nora Twomey
  • Guión: Fabrice Ziolkowski
  • Música: Bruno Coulais
  • Produtora: Les Armateurs, Vivi Film, Cartoon Saloon, France 2 Cinema
  • Distribuidora: Karma Films
Oscars 2009 (Nominada a Mellor filme de animación), Annie 2009 (nominada a Mellor filme), Annecy 2009 (Premio do público)