O meu camiño interior

  • Estrea
  • +7

O meu camiño interior

  • Estrea
  • +7

Pierre é un recoñecido escritor cunha inclinación polas experiencias extremas e as viaxes en solitario. Sempre fixo todo á súa maneira, cando lle conviña e con quen quería, pero cada vez que as restricións ameazaban a súa liberdade, facía o que mellor sabe facer: fuxir. Unha tarde de troula, trepa pola fachada dun edificio e cae varios andares. O accidente déixao en coma profundo. Cando sae del, Pierre apenas pode manterse en pé. E en contra dos consellos de todos, decide camiñar só por Francia, desde a Provenza ata o Mont Saint Michel, ao longo de carreiros esquecidos a través dalgunhas das rexións máis ásperas, inhóspitas e fermosas de Francia. Baseado en feitos reais, este escape do mundo frenético é unha historia de fortaleza, curación, resiliencia e reconexión coa natureza e o eu profundo.

  • Título orixinal: Sur les chemins noirs
  • Ano: 2023
  • Duración: 94 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Denis Imbert
  • Guión: Denis Imbert, Diastème. Novela: Sylvain Tesson
  • Elenco: Jean Dujardin, Jonathan Zaccaï, Joséphine Japy, Izïa Higelin
  • Música: Wouter Dewit
  • Fotografía: Magali Sylvestre de Sacy
  • Produtora: Radar Films, La Production Dujardin, TF1 Films Production, Apollo Films, Echo Studio
  • Distribuidora: Vercine