A lagoa do ganso salvaxe

  • Estrea
  • +16

A lagoa do ganso salvaxe

  • Estrea
  • +16

Zhou Zenong é un gángster de nivel medio que acaba de saír do cárcere e convértese en fuxitivo esa mesma noite, despois de que unha reunión de bandas que acaba mal provoque a morte dun policía.Tratando de esconderse mentres se recupera das súas feridas, Zhou atópase con Liu Aiai, unha prostituta que pode ter sido enviada para axudalo, ou ben para entregalo ao capitán da policía a cambio dunha cuantiosa suma. Perseguido polas bandas e por un dispositivo policial que parece abarcar toda a cidade, Zhou deberá enfrontarse aos límites do que está disposto a sacrificar, tanto por esta estraña como para a familia que deixou atrás.

  • Título orixinal: Nan Fang Che Zhan De Ju Hui
  • Ano: 2019
  • Duración: 113 minutos
  • Idioma orixinal: Mandarín
  • Dirección: Diao Yinan
  • Guión: Diao Yinan
  • Elenco: Fan Liao, Lun-Mei Kwei, Hugh Hu, Regina Wan
  • Montaxe: Kong Jinlei, Matthieu Laclau
  • Dirección de arte: Liu Qiang
  • Vestiario: Liu Qiang
  • Son: Zhang Yang
  • Música: B6
  • Fotografía: Dong Jinsong
  • Produtora: Green Ray Films (Shanghai) Co., Ltd. Maisong Entertainment Investment (Shanghai) Co., Ltd.
  • Distribuidora: Segarra Films
Festival de Cannes 2019