O caracol e a balea
- Petís DUPLEX
- Estrea
- +3
O caracol e a balea
- Petís DUPLEX
- Estrea
- +3
Con espírito inquieto e ganas de descubrir mundo, un pequeno caracol embárcase nunha viaxe á cola dunha balea xibardo. Pero un día, a balea perde o rumbo e termina varada nunha baía illada. Como fará o pequeno caracol para rescatala?
Esta bonita historia dunha amizade improbábel ven acompañada de tres curtametraxes tocadas polo poder do mar:
A folla ( Leaf), de Aliona Baranova: Un mariñeiro recibe unha bonita folla de outono dunha nena que lle lembra ao seu fogar. Que atopará cando volva a casa?
Á auga! ( Overboard!), de Barbora Valecká e Filip Pošiveč: Chameleon e Kiwi son unha parella ben estraña: mentres que o primeiro chama a atención coas súas cores cambiantes, o outro foxe dos focos de atención.
A pesca milagrosa (A pêche miraculeuse), de Fabrice Luang- Vija: Un home atópase pescando nunha barca co seu gato. A primeira pesca do día é unha sardiña, pero os obxectos que a seguen son cada vez máis absurdos e sorprendentes.
Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.
Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: The Snail and the Whale
- Ano: 2019
- Duración: 57 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Max Lang, Daniel Snaddon
- Guión: Max Lang, Suzanne Lang. Libro: Julia Donaldson, Axel Scheffler
- Música: René Aubry
- Produtora: Magic Light Pictures, ZDF
- Distribuidora: Rita & Luca Films