O amor no seu lugar
- Estrea
- +7
O amor no seu lugar
- Estrea
- +7
Xaneiro de 1942, 400.000 xudeus de toda Polonia levan máis dun ano confinados polos nazis nun estreito gueto na metade da cidade. Fóra do muro, a vida segue adiante. Dentro, os seus habitantes loitan por sobrevivir. Porén, o alto muro de ladrillos non consegue parar a creación dun grupo de actores xudeus que, nunha xeada noite invernal, interpreta unha comedia musical no teatro Fémina. Os espectadores rin e se emocionan ante unha historia de amor, esquecendo por un momento a súa difícil situación. Entre bambolinas, os actores enfróntanse a un dilema de vida ou morte ante a posibilidade de levar a cabo unha fuga logo da función.
O novo filme de Rodrigo Cortés (Buried, Luces rojas). Escrito polo propio director xunto ao recoñecido novelista alemán David Safier, conta a historia real da representación da obra “O amor busca apartamento” no inverno de 1942 no teatro Fémina de Varsovia. A obra que mostra a fita é fiel ao texto orixinal da comedia musical, de cuxas cancións só sobreviviu a letra, e cuxa música foi composta ad hoc respectando a tradición do teatro musical do momento e coas cancións interpretadas polo elenco rodadas en directo. Un emotivo drama histórico sobre o amor e a supervivencia.
- Título orixinal: Love Gets a Room
- Ano: 2021
- Duración: 104 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Rodrigo Cortés
- Guión: Rodrigo Cortés, David Safier (Obra: Jerzy Jurandot)
- Elenco: Clara Rugaard, Ferdia Walsh-Peelo, Magnus Krepper, Freya Parks, Jack Roth, Henry Goodman, Dalit Streett Tejeda, Anastasia Hille, Valentina Bellè, Mark Davison
- Montaxe: Rodrigo Cortés
- Dirección de arte: Laia Colet
- Vestiario: Alberto Valcárcel
- Son: Albert Manera
- Música: Víctor Reyes
- Fotografía: Rafael García
- Produtora: Nostromo Pictures
- Distribuidora: A Contracorriente