
Nora
- Estrea
- +7
Nora
- Estrea
- +7
Nora ten trinta anos, vive co seu avó Nicolás e coida os fillos da súa amiga Meri un día si e outro tamén. A súa vida non é tal e como a imaxinaba. Unha desgraza convertirase nunha oportunidade para ela. A morte do seu avó Nicolás cambiarao todo. Nora lanzarase a facer unha viaxe pola costa vasca, sen rumbo e sen sentido, porque ás veces fai falta perderse para se atopar.
Presentada no Festival de San Sebastián. Unha comedia que fala da muller e os seus conflitos. Segundo filme da realizadora e guionista vasca Lara Izagirre (Un otoño sin Berlín). Protagonizada por Ane Pikaza (Vitoria, 3 de marzo), Héctor Alterio (El hijo de la novia), Ramón Barea (Todos lo saben) e Klara Badiola (Vacas).
- Título orixinal: Nora
- Ano: 2020
- Duración: 100 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Lara Izagirre
- Guión: Lara Izagirre
- Elenco: Ane Pikaza, Héctor Alterio, Naiara Carmona, Ramón Barea, Klara Badiola
- Montaxe: Ibai Elortza
- Vestiario: Iratxe Sanz
- Son: Jean Minondo
- Música: Pascal Gaigne, Paula Olaz
- Fotografía: Gaizka Bourgeaud
- Produtora: Gariza Films, Tandem Films, La Fidèle Production
- Distribuidora: A Contracorriente



