No Hay Otra Opción

  • Estrea
Estrea 13 de febreiro

No Hay Otra Opción

  • Estrea

Buscas traballo? Un feliz home de familia é despedido tras vinte e cinco anos de leal servizo nunha empresa papeleira. De seguida atopa a solución perfecta ao paro: eliminar realmente á competencia. Park Chan-wook (Decision to Leave, La doncella, Old Boy) regresa coa maxistral e homicida No hay otra opción, a candidata de Corea do Sur ao Óscar® a mellor Filme Internacional na 98.ª edición dos Premios da Academia. Este éxito do Festival de Venecia sitúa un audaz espello fronte aos nosos días. Satiriza sen receos un mundo ultramoderno: desde a carreira de ratas corporativa até a ambición material e a automatización laboral. Combinando o seu revirado enxeño cun instinto visual infinito, No hay otra opción transfórmase nunha aventura salvaxe e trepidante, á vez que inquedantemente próxima.

  • Título orixinal: No Other Choice 어쩔수가없다
  • Ano: 2025
  • Duración: 139 minutos
  • Idioma orixinal: Coreano
  • Dirección: Park Chan-Wook
  • Elenco: Lee Buyng-hun, Son Ye-jin, Park Hee-soon, Lee Sung-min, Yeom Hye-ran
  • Distribuidora: MUBI
Venecia 2025 (Sección Oficial), Sitges 2025 ( Mellor Dirección)