Nieva en Benidorm

  • Estrea
  • VOSE
Estrea 13 de novembro

Nieva en Benidorm

  • Estrea
  • VOSE

Peter Riordan é un home solitario, maniático e metódico, obsesionado polos fenómenos meteorolóxicos. Cando lle dan a xubilación anticipada no banco de Manchester no que traballou toda a súa vida decide visitar ao seu irmán, Daniel, que vive en Benidorm. Ao chegar á cidade descobre que o seu irmán desapareceu e que este era propietario dun club de burlesque onde traballaba Alex, unha misteriosa muller que exerce unha poderosa fascinación sobre el. Peter e Alex intentan averiguar que foi de Daniel, axudados por unha policía obsesionada pola presencia de Sylvia Plath nos anos cincuenta en Benidorm.

  • Título orixinal: Nieva en Benidorm
  • Ano: 2020
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Isabel Coixet
  • Guión: Isabel Coixet
  • Elenco: Timothy Spall, Sarita Choudhury, Ana Torrent, Carmen Machi, Pedro Casablanc
  • Montaxe: Jordi Azategui
  • Dirección de arte: Uxua Castelló
  • Vestiario: Suevia Sampelayo Vázquez
  • Son: Jorge Adrados
  • Música: Alfonso de Vilallonga
  • Fotografía: Jean-Claude Larrieu
  • Produtora: El Deseo, Televisión Española (TVE), Movistar+
  • Distribuidora: BTeam