
Nación
- DUPLEX DÚO
- Patrimonio e repertorio
- +12
Nación
- DUPLEX DÚO
- Patrimonio e repertorio
- +12
A fábrica galega de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera de sentenza sobre a súa reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical. Nieves, Ester, Manuela, Carmen P. e Carmen A. manteñen viva a pelexa polos dereitos da muller na España do século XX. A historia das súas vidas desprégase en presenza da esfinxe: reclama a memoria das operarias do téxtil, a louza e a conserva e anuncia voces e arquivos que engarzan tempos e corpos diferentes. Traballar sen cobrar? Iso nin falar.
*Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero polo ICAA
- Título orixinal: Nación
- Ano: 2021
- Duración: 92 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Margarita Ledo Andión
- Guión: Margarita Ledo Andión
- Participación: Nieves Pérez Lusquiños, Manuela Nóvoa Pérez, Ester García Lorenzo, Carmen Portela Lusquiños, Carmen Álvarez Seoane, Mónica Camaño, Mónica de Nut, Laura Martínez Iglesias, Xoana Pintos, Eva Veiga
- Montaxe: Marcos Flórez, NUMAX
- Dirección de arte: Anxos Fazáns, Roi Fernández
- Son: Sisco Lariño, Emilio García Rivas
- Música: Mercedes Peón
- Fotografía: Alberte Branco
- Produtora: Nós Productora Cinematográfica Galega
- Distribuidora: Atalante








