Monos

  • Estrea
  • +16

Monos

  • Estrea
  • +16

No cumio dunha impoñente montaña, onde o que a primeira vista parece un campamento de verán, oito nenos guerrilleiros alcumados 'Os Monos' conviven baixo a atenta mirada dun sarxento paramilitar. A súa única misión é clara: coidar a doutora, (Julianne Nicholson), unha muller americana á que tomaron como refén. Cando esta misión comeza a perigar, a confianza entre eles ponse en dúbida.

O filme que gañou o Premio Especial do Xurado no Festival de Sundance, é unha reinterpretación moderna de “O señor das moscas” con tinguiduras da famosa novela de Joseph Conrad “O corazón das tebras”. O seu director, Alejandro Landes, reflexiona con dureza sobre as FARC colombiana, nesta viaxe salvaxe e hipnótica a través da selva.

  • Título orixinal: Monos
  • Ano: 2019
  • Duración: 102 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Alejandro Landes
  • Guión: Alexis Dos Santos, Alejandro Landes
  • Elenco: Julianne Nicholson, Moises Arias, Jorge Román, Sofia Buenaventura, Laura Castrillón, Sneider Castro
  • Música: Mica Levi
  • Fotografía: Jasper Wolf
  • Produtora: Franja Nomo, Campo Cine , Film I Väst, Le Pacte, Lemming Film, Mutante Cine, Pandora Film, Snowglobe Films
  • Distribuidora: BTeam
Sundance 2019 (ganadora do premio especial do xurado), Festival de Berlín 2019, Festival de San Sebastián (ganadora premio Sebastiane)