Minions: a orixe de Gru

  • Estrea
Estrea 8 de xullo

Minions: a orixe de Gru

  • Estrea

Son os anos 70 e Gru medra nun barrio residencial, en pleno boom dos peiteados cardados e os pantalóns de campá.

Como fan incondicional dun famoso supergrupo de viláns, Os salvaxes seis, Gru idea un plan para demostrarlles que é o suficientemente malvado como para traballar con eles. Por sorte, conta coa axuda dos seus fieis seguidores, os Minions, sempre dispostos a sementar o caos. Xuntos, Kevin, Stuart, Bob, e Otto -un novo Minion con aparello nos dentes e desesperado por sentirse aceptado- despregarán o seu potencial para construír xunto a Gru a súa primeira gorida, experimentar coas súas primeiras armas e levar a cabo as súas primeiras misións.

  • Título orixinal: Minions: The Rise of Gru
  • Ano: 2022
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Kyle Balda, Brad Ableson
  • Guión: Ken Daurio, Brian Lynch. Personaxe: Cinco Paul
  • Música: Heitor Pereira
  • Produtora: Illumination Entertainment
  • Distribuidora: Universal Pictures