Mimosas

  • Estrea
  • +7

Mimosas

  • Estrea
  • +7

Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir ao patriarca moribundo ao pobo onde naceu, no que espera atopar ao fin repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño.

Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo.

Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que «as mulas voen» para atravesar as infranqueábeis montañas e transformar coa súa fe o destino da expedición.

  • Título orixinal: Mimosas
  • Ano: 2016
  • Duración: 96 minutos
  • Idioma orixinal: Árabe
  • Dirección: Oliver Laxe
  • Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol
  • Elenco: Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Saïd Aagli, Ikram Anzouli, Ahmed El Othemani, Hamid Fardjad Montaxe: Cristóbal Fernández
  • Vestiario: Nadia Acimi
  • Son: Amanda Villavieja, Emilio García
  • Fotografía: Mauro Herce
  • Produtora: Zeitun Films (España), La Prod (Marrocos), Rouge International (Francia)
  • Distribuidora: NUMAX Distribución
Cannes 2016 (Gran Premio Semaine de la Critique), Sevilla 2016 (Premio Especial do Xurado, Mención Especial ao Mellor Son e Montaxe), Cairo 2016 (Mellor Filme e Mellor Actor —Shakib Ben Omar—)