
Matrioskas, las niñas de la guerra
- DUPLEX con...
- Estrea
- +7
Matrioskas, las niñas de la guerra
- DUPLEX con...
- Estrea
- +7
Teresa, Alicia, Araceli e Xulia son catro anciás nonaxenarias, aparentemente comúns, que esconden catro vidas extraordinarias marcadas polo desarraigamento e o exilio: de España a Rusia e despois a Cuba. Mulleres feitas a si mesmas e heroínas da súa propia traxectoria, as súas lembranzas da fame, o frío e a guerra mestúranse coa nostalxia por un fogar que as acolleu e xa non existe, a lonxanía dun territorio que apenas coñecen e, para algunhas, a volta a un país que non é o que soñaron.
Película proxectada en colaboración coa asociación Fuco Buxán.
Haberá presentación e coloquio a cargo de Natasha e Alejandro Serrano, filla e neto respectivamente de Alicia Casanova, unha das protagonistas do documental.
- Título orixinal: Matrioskas, las niñas de la guerra
- Ano: 2021
- Duración: 74 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Helena Bengoetxea
- Guión: Helena Bengoetxea
- Elenco: Teresa Alonso, Alicia Casanova, Araceli Ruiz, Julia Delgado, Natacha Serrano, Alejandro Serrano
- Montaxe: Joselu Castro, Helena Bengoetxea
- Música: Pascal Gaigne
- Fotografía: Iñaki Alforja
- Distribuidora: Haruru Filmak


