Mary Poppins
- Petís DUPLEX 2024
- Patrimonio e repertorio
- TP
Mary Poppins
- Petís DUPLEX 2024
- Patrimonio e repertorio
- TP
Londres, comezos de século XX. A vida dunha familia inglesa formada por un pai banqueiro, unha nai sufraxista e dous nenos rebeldes que pretenden chamar a atención dos seus pais facendo a vida imposible a todas as aias, verase alterada coa chegada de Mary Poppins, unha extravagante institutriz que baixa das nubes empregando o seu paraugas como paracaídas. Debut e Oscar para Julie Andrews neste clásico do cinema familiar que no seu día bateu récords no despacho de billetes. Unha aia máxica e cancións pegadizas que farán as delicias das crianzas da casa.
- Título orixinal: Mary Poppins
- Ano: 1964
- Duración: 140 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Robert Stevenson
- Guión: Bill Walsh, Don DaGradi. Baseado nas novelas de Pamela Lyndon Travers
- Elenco: Julie Andrews, Dick Van Dyke, David Tomlinson, Glynis Johns
- Música: Richard M. Sherman, Robert B. Sherman
- Fotografía: Edward Colman
- Distribuidora: Disney
Oscars 1965 (Mellor Actriz, Mellor Montaxe, Mellor Banda Sonora, Mellor Canción e Mellores Efectos Visuais), Globos de Ouro (Mellor Actriz Principal)