Martin Eden
- Estrea
- +7
Martin Eden
- Estrea
- +7
Cando o traballador non cualificado Martin Eden coñece a Elena, a filla dunha rica familia de empresarios, é amor a primeira vista. A moza refinada e culta non tarda en converterse nunha obsesión para Martin, que agarda que os seus soños de converterse en escritor o axuden a superar as súas humildes orixes e lle permitan casar con Elena.
Con moita determinación e superando grandes dificultades, Martin proponse obter a educación que a súa clase social lle negou. Martin atopa apoio nun amigo maior cá el, o intelectual de esquerdas Russ Brissenden, e non tarda en integrarse en círculos socialistas. Isto non só o leva a asumir un compromiso político e a desenvolver actitudes destrutivas, tamén crea un conflito con Elena e o seu entorno burgués.
- Título orixinal: Martin Eden
- Ano: 2019
- Duración: 129 minutos
- Idioma orixinal: Italiano
- Dirección: Pietro Marcello
- Guión: Maurizio Braucci, Pietro Marcello (Novela: Jack London)
- Elenco: Luca Marinelli, Carlo Cecchi, Jessica Cressy, Denise Sardisco, Vincenzo Nemolato, Carmen Pommella, Autilia Ranieri, Marco Leonardi, Savino Paparella
- Montaxe: Aline Hervé, Fabrizio Federico D
- Dirección de arte: Roberto De Angelis, Luca Servino
- Vestiario: Andrea Cavalletto
- Son: Stefano Grosso
- Música: Marco Messina, Sacha Ricci
- Fotografía: Alessandro Abate, Francesco Di Giacomo
- Produtora: L'Avventura Film B.V, RAI Cinema (Italia), Shellac Sud (Francia), IBC Movie, The Match Factory (Reino Unido)
- Distribuidora: Wanda Visión