María Casares: a muller que viviu mil vidas
- Estrea
- +7
María Casares: a muller que viviu mil vidas
- Estrea
- +7
Documental que nos aproxima de maneira íntima e profunda a María Casares, unha muller extraordinaria cunha vida marcada pola Guerra Civil e o exilio a Francia. Viviremos xunto a ela os feitos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida apaixonante na que se cruzan figuras culturais de primeira orde. Comprometida e incansable no seu traballo, busca permanentemente propostas escénicas audaces e arriscadas que a acabarán convertendo nunha das actrices máis impresionantes e aclamadas do cinema e o teatro francés.
- Título orixinal: María Casares: a muller que viviu mil vidas
- Ano: 2022
- Duración: 102 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Xavier Villaverde
- Guión: Xavier Villaverde
- Participación: Jorge Lavelli, Mabel Rivera, Manuel Lourenzo, Johanna Silberstein, María Lopo, Manuel Rivas, Emilio Grandío, Marion Chénetier-Alev, Maud Rayer, Jacques Vincey
- Montaxe: Renato Sanjuán
- Son: Ledi Bellón
- Música: José Nieto
- Fotografía: Ledi Bellón
- Produtora: Agallas Films, Take 2000
- Distribuidora: Syldavia Cinema
Mestre Mateo 2023 ( Mellor Documental)