Mamá Muu volve a casa

Mamá Muu volve a casa

O día en que unha cegoña viaxeira aparece na granxa, A mamá Muu pregúntase que quere dicir realmente a palabra fogar. Como pode estar segura de que a leira e a granxa nas que vive son realmente a súa casa? E se houbera algún sitio mellor para vivir nalgunha outra
parte deste mundo tan grande? Ao corvo cústalle facerlle crer á súa grande amiga que non sempre se vive mellor noutros sitios.
O filme, dobrado ao español, exhíbese tamén con subtítulos, para fomentar a lectura e facelo accesible a persoas con dificultades auditivas.

Recomendado para crianzas de 4 anos en diante.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Mamma Mu hittar hem
  • Ano: 2021
  • Duración: 63 minutos
  • Idioma orixinal: Sueco
  • Dirección: Christian Ryltenius
  • Guión: Peter Arrhenius
  • Música: Henrik Lörstad
  • Produtora: SF Studios, Sluggerfilm, SVT and Film i Skåne, Swedish Film InstituteNational
  • Distribuidora: Pack Màgic