Miña nai é pura choiva
- Petís DUPLEX 2022
- Estrea
- +6
Miña nai é pura choiva
- Petís DUPLEX 2022
- Estrea
- +6
Jana é unha nena de 8 anos forte e espilida que devece por que chegue o Nadal. Pero este ano vaina ter que pasar coa súa avoa, que precisa un descanso. Por súa banda, a pequena Violeta nunca se imaxinaría a vivir no Palacio de Versalles, e menos co seu tío Regis! As
dúas protagonistas enfrontarán situacións que non entraban nos seus planos, e aprenderán a vivilas con optimismo e alegría.
Dúas fermosas historias cheas de maxia e tenrura que tratan a xestión das emocións dos máis cativos de cada casa.
Filme dobrado ao español, recomendado para crianzas de 6 anos en diante.
Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.
Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: Maman pleut des cordes
- Ano: 2021
- Duración: 60 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Hugo de Faucompret
- Guión: Lison d'Andréa, Hugo de Faucompret
- Montaxe: Benjamin Massoubre
- Música: Pablo Pico
- Fotografía: Animación
- Produtora: Laïdak Films, Dandeloo SARL.
- Distribuidora: Dandeloo SARL