Maixabel
- Estrea
- +12
Maixabel
- Estrea
- +12
Maixabel Lasa perde no ano 2000 o seu marido, Juan María Jáuregui, asasinado por ETA. Once anos máis tarde, recibe unha petición insólita: un dos homes que o mataron pediu entrevistarse con ela no cárcere de Nanclares de la Oca en Álava, na que cumpre condena tras ter roto os seus vencellos coa banda terrorista. A pesar das dúbidas e da inmensa dor, Maixabel Lasa accede a atoparse cara a cara coas persoas que acabaron coa vida de quen fora o seu compañeiro dende os 16 anos. “Todo o mundo merece unha segunda oportunidade”, di ela cando lle preguntan polas razóns para sentar fronte ao home que matou o seu marido.
- Título orixinal: Maixabel
- Ano: 2021
- Duración: 115 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Icíar Bollaín
- Guión: Icíar Bollaín, Isa Campo
- Elenco: Blanca Portillo, Luis Tosar, Urko Olazabal, María Cerezuela, Bruno Sevilla
- Montaxe: Nacho Ruiz Capillas
- Dirección de arte: Mikel Serrano
- Son: Alazne Ameztoy
- Música: Alberto Iglesias
- Fotografía: Javier Agirre Erauso
- Produtora: Kowalski Films, Feel good Media, ETB, Movistar+, TVE
- Distribuidora: Fox
Donostia 2021 (sección oficial)