Madre
- Estrea
 - +16
 
Madre
- Estrea
 - +16
 
Elena recibe unha chamada de Iván, o seu fillo de seis anos, quen lle di que está perdido nunha praia en Francia e que non atopa o seu pai. Esas palabras desesperadas do seu fillo foron o último que soubo del. Dez anos máis tarde, Elena vive na mesma praia onde desapareceu o seu fillo, traballa de encargada nun restaurante e está empezando a saír dese escuro túnel onde leva ancorada tanto tempo. A súa vida axítase de novo cando coñece casualmente a Jean, un adolescente francés que lle recorda o seu fillo. Entre eles xorde unha forte conexión que acabará sementando o caos e a desconfianza ao seu redor.
- Título orixinal: Madre
 - Ano: 2019
 - Duración: 128 minutos
 - Idioma orixinal: Francés
 - Dirección: Rodrigo Sorogoyen
 - Guión: Rodrigo Sorogoyen, Isabel Peña
 - Elenco: Marta Nieto, Àlex Brendemühl, Anne Consigny, Frédéric Pierrot, Jules Porier, Raúl Prieto, Álvaro Balas, Blanca Apilánez
 - Montaxe: Alberto del Campo
 - Dirección de arte: Lorena Puerto
 - Son: Fabiola Ordoyo, Nicolas de Poulpiquet
 - Música: Olivier Arson
 - Fotografía: Álex de Pablo
 - Produtora: Amalur Pictures, Arcadia Motion Pictures, Caballo Films, Malvalanda (España), Noodles Production, Le Pacte (Francia)
 - Distribuidora: Wanda Visión
 
                        Venecia 2019