Lotte Reiniger: contos e fábulas

Lotte Reiniger: contos e fábulas

Novo programa dedicado á alemá Lotte Reiniger, no que se mostran varias curtas que adaptan contos clásicos:

O cofre voador (1921) 9 minutos

A Cincenta (1922) 13 minutos

O gato con botas (1935) 13 minutos

O ganso de ouro (1944-47) 12 minutos

Xan o das fabas máxicas (12 minutos)

O príncipe ra (3 minutos)

A partir de 3 anos

*Algunhas destas curtametraxes contan con subtítulos que axudan a seguir a narración.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Lotte Reiniger: contos e fábulas
  • Ano: 1920
  • Duración: 60 minutos
  • Idioma orixinal: Sen idioma
  • Dirección: Lotte Reiniger
  • Distribuidora: Goethe Institut