
Los reinos
- Estrea
Pase único 20 de maio
Los reinos
- Estrea
Manuel e a súa parella Sofía recrean momentos da súa convivencia xogando a actuar de si mesmos. Coma unha voz do máis alá, Marlon narra a historia da súa inminente separación. Tegucigalpa, Bos Aires e Hamburgo son os escenarios da súa despedida.
O pase contará con presentación e coloquio a cargo do seu autor como peza gañadora do Premio Latexos no Festival Internacional Novos Cinemas de Pontevedra na súa edición de 2024.
- Título orixinal: Los reinos
- Ano: 2024
- Duración: 70 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Manuel Muñoz
- Elenco: Sofía Grisales, Marlon Weber, Manuel Muñoz, Bruno Ciancaglini, Matías Lima, Sophia Shachtner, Daniel Yepes
- Fotografía: Julieta Duchovny, Manuel Muñoz
- Produtora: Coproducción Honduras-Argentina-Alemania; Sinroncar
- Distribuidora: Novos Cinemas
Novos Cinemas 2024 (Premio Sección Latexos)


