Longa noite

  • Estrea
  • TP

Longa noite

  • Estrea
  • TP

Durante a posguerra española, Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere recordar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse na longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invaden o presente.

Un retrato do impacto íntimo dunha guerra atravesada pola súa memoria literaria: Max Aub, Luís Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Rodolfo Fogwill.

 

Xoves 5 ás 19:55 - Presenta a asociación Fuco Buxán.

Martes 10 ás 19:30 - Debate con Eloy Enciso, moderado polo docente Manolo González.

  • Título orixinal: Longa noite
  • Ano: 2019
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Eloy Enciso
  • Guión: Eloy Enciso
  • Elenco: Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Manuel «Pozas», Verónica Quintela, Manuel Pumares, Celsa Araújo, Suso Meilán, Fernando García, Luís Martínez, Zé Paredes
  • Montaxe: Patrícia Saramago
  • Dirección de arte: Melania Freire
  • Son: Joaquín Pachón, Juan Carlos Blancas
  • Fotografía: Mauro Herce
  • Produtora: Filmika Galaika
  • Distribuidora: NUMAX Distribución
Locarno 2019 (Boccalino d'Oro - Mellor dirección)